jueves, 18 de noviembre de 2010

Creación persoal

LÚA CHEA
Sabía que a miña vida acabaría, pero non desta maneira…
Todo comezou un martes 18. Cando espertei estaba no baño, ferida e rodeada de cristais. Estaba sangrando. Non sabía o que acontecera. Tiña unha lúa debuxada no pulso. Cando decidín ir facer o almorzo, vin unha nota de meus pais, onde se lía:
“Polo noso ben, fomos a Smith Jons, viviremos coa tua tía. Sempre te quereremos. Xa es maior, así que cremos que xa podes vivir ti soa, sen que ninguén che diga nada nin che estorbe na tu vida cotiá. Viremos dentro duns meses, a ver qué tal vas.”
Isto sorprendeume. Sobre todo pola frase:”polo noso ben”. Pero decidín facer o almorzo, unhas ricas torradas de manteiga cun café cargado e zume de laranxa natural. Ao terminar fun a vestirme. A miña habitación estaba feita un auténtico noxo. Puxen os meus pantalóns vaqueiros e a miña sudadeira favorita.

Por certo, chámome Susana.
Cada día a lúa íase enchendo. A miña vida cambiara por completo. De súpeto encantábame a carne fresca. Hoxe pola noite ao verme o pulso, vín que a lúa que tiña debuxada semellaba á real. De súpeto as miñas unllas comezaron a alongarse e o cabelo a medrar. Sentíame tan forte e á vez qué fame tiña...de carne. Todo o que se poñía no meu camiño o destruía como se foran simples moscas. Rompín a fiestra e fun na procura de carne humana. Xa non me acordo de nada máis.

Á mañá seguinte atopeime outra vez no baño, pero agora a miña lúa xa non era chea. Tiña as unllas cheas de sangue. Pobre xente. Decidín coller a bici e ir a unha biblioteca moi antiga que estaba preto. Cando cheguei falei co Sr. Steven. Ao amosarlle a marca da lúa, asombrouse:

_ ¡Non pode ser!

_¿Qué pasa Sr. Steven?

_ Es unha muller lobo e estás en grave perigo, sobre todo se estás sóa.

_ ...Pero, non pode ser. ¡É unha tolemia!

_É verdade, así que é mellor que te quedes comigo. E sen rechistar.

_ Vale, está ben.

Ao recoller as cousas de casa, tornei a pensar cómo puidera chegar a ser unha muller loba. Así que decidín investigar e ir á biblioteca a coller libros que tiveran que ver con eses rollos. Despois de investigar cheguei a convencerme de que me tiveron que morder en algún momento, pero… ¿quen?.

_¡Xa o sei todo! Dixo o Sr. Steven.

_¿Cómo? Díxenlle.

_Explicareicho. Ven.

Levoume ata a primeira estantería de Ciencias. Colleu un libro e nese momento abreuse un pasadizo. Camiñamos ata o máis profundo. Baixamos unhas escaleiras de caracol moi empinadas e chegamos ao final. Nese momento comprendín que nos atopábamos nun laboratorio. O Sr. Steven empezou a pulsar botóns, como se fora todo un experto. E dixo:

_Dame a túa man e o teu colgante.

Díxenlle:

_¿Por qué?, dixen.

_Agora o verás. Contestoume.

Cando llo dín, púxoo nunha máquina bastante rara e comenzou a pulsar de novo uns botóns nunha enorme pantalla. O Sr. Steven contoume que cando a lúa do meu pulso estivera chea significaba que me transformaría. A única maneira para impedilo era non mirar en ningún momento este símbolo nin a lúa real tampouco.

Pola noite volvín ao laboratorio e dinme conta do que ata aquel momento me estivera pasando. No ordenador do Sr. Steven había unha páxina aberta cun periódico onde se falaba que roubaran nun pequeno pobo unha xoia con forma de lúa, que se cría que tiña poderes máxicos. Eu xa non tiña ningunha dúbida: era o collar que meus pais me regalaran cando cumprín os quince.


O Sr. Steven decideu contarme a verdade completa. Él era un enviado para protexerme, aínda que tamén tiña que encargarse de que a miña vida fora o máis normal posible. Tampouco traballaba nunha biblioteca. Bueno, en parte sí o era, pero era o lugar dende onde podía seguir os meus pasos dende que era pequena. Entón díxenlle:

_Transfórmome porque alguén mordeume nalgún momento. ¿Quén foi?

_Foron teus pais. Replicou. Eles sabían que o teu futuro tiña que ser así, vivir de forma independiente cos teus poderes.

Entón pareceume unha tolemia. Pero, de ser así, ¿cómo podría volver a ser a que era antes?. Explicoume que tiña que ir á montaña secreta. Aínda me tiña que protexer, porque era moi perigoso.
Pero xa non tiña medo, porque cada vez controlaba mellor os meus poderes. No camiño encontreime cunha gran casa e decidín entrar con moito coidado de non facer ruído. Estaba perfectamente amoblada, con alfombras e en ela me chamaba a atención unha gran porta de madeira. Abrína e encontreime cun comedor no que se encontraba un home alto de pelo longo e negro.

Díxome:

_Susana, eu sei a qué ves. Pero necesito o teu collar. ¡Damo!

Negueime e concentreime para transformarme de novo, pero él convirteuse tamén en un horrible monstruo. Como eu mellorara en axilidade e destreza tomei ventaxa e subín ao piso de arriba. Él tamén subiu , pero ao seu paso, as escaleiras non aguantaban o seu peso e ían rompendo. Na azotea había unha piscina coa auga moi brillante con forma de reloxo de area. Díxome que tería que elexir entre vivir así e seguir matando xente ou desprenderme do collar e entregarllo, aínda que eso significara a miña morte.

Non o dudei un segundo, acordándome de toda a xente que matara; así que tirei o collar á auga máxica, producíndose entón unha luz espectacular. Nese momento mentras sentía que eu íame alonxando e morría, vía ao mesmo tempo a xente feliz, paseando cos seus fillos e disfrutando da vida. Entón funme con toda a paz que se pode ir un e coa idea de que fixen o correcto sen dúbida.

FIN

1 comentario: