miércoles, 15 de diciembre de 2010

Max quere facer amigos.

Este libro trata sobre Max.Max é un neno simpático pero moi tímido.Nas vacacións de verán Max vai a unha aldea onde os seus pais compraron unha casa,pero non coñece a ninguén.Vai todos os días a praia pero abúrrese moito porque non sabe que facer,a el gustarialle xogar ao futbol cuns nenos que estaban sempre na praia.Un dia coñeceu a un neno chamado Antón e empezou a xogar con el todos os días.Pasado un tempo Antón e Max atréveronse a irlle preguntar aos nenos se podían xogar pero eles só deixaron xogar a Max.Max empezou a xogar todos os días ao fútbol e deixaba sempre só a Antón.Pero un día Max deuse conta que Antón estaba só e díxolle aos nenos que se podía xogar,eles contestáronlle que non porque xa eran xustos e Max decidiu deixarlle o seu sitio para que puidera xogar.Aos 10 minutos díxeronlle todos que querían que Max volvera xogar porque Antón era moi torpe pero Max dixo que ou xogaban os dous ou non xogaba ningún.Tiveron que dicir que si porque se non non podían xogar,e empezáronse a levar todos moi ben.Desde aquela Max ,Antón e os seus amigos encóntranse todos os veráns e xogan sempre xuntos.

                                                                        Fin

1 comentario: