domingo, 12 de diciembre de 2010

Meu diario

Venres,9 de decembro: Hoxe foi una día movidiño.A cadela non se da levantado e pasou toda a tarde xemindo.

Sábado,10 de decembro: Levamos a cadela ao veterinario,onde continuou con laios e demáis.Iso foi na sala de espera.Despois na consulta foi peor.Creo que o pobre veterinario ten dor de cabeza.

Domingo,11 de decembro: Non sei cómo lle iría o veterinario,pero a min dende logo sí que me doe a cabeza.Tomeime xa 2 aspirinas.

Luns,12 de decembro: O lamento da cadela seguiu durante toda a noite.Volvimos levala ó veterinario,e di que ten lombrigas.Non sei que raios é iso.

Martes,13 de decembro: Xa sei o que son as lombrigas.Son parásitos que fan que a cadela se rasque,e ao rascarse faise dano.Por iso xemía,a pobre.

Mércores,14 de decembro: Fomos comprar a menciña que nos recomendou a veterinario.Custounos un ollo da cara,un ril e parte do outro.Xa llo suministramos á cadela.

Xoves,15 de decembro: O remedio ese furrula.A cadela cada vez laia menos.

Venres,16 de decembro: A cadela xa está curada.E menos mal,porque en toda a semana non nos deixou durmir ben nin unha soa noite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario