viernes, 11 de febrero de 2011

Di onde se fala e cantos falantes ten.
Fálase en Illa De Man e ten aproximadamente 640 falantes.


Explica algo do país onde se fala e indícao nun mapa.


No século V, os goidélicos ou gaélicos, provenientes de Irlanda, invadiron a illa de Man e levaron a súa lingua céltica, que cos séculos evolucionou até chegar a ser o gaélico manx.

Actualmente, o interese polo gaélico mantense, porque os insulares, que seguen a se considerar un pobo separado, malia que hoxe todos son de lingua inglesa, ven niso un elemento definidor. Hai un movemento de recuperación do idioma.

Desde 1992, ademais, entrou na escola como materia optativa. A lingua pódese ler nalgún rótulo e escoitar nalgunha cerimonia relixiosa; a presenza que ten nos medios de comunicación (prensa e radio) é exigua e tíranse do prelo moi poucos libros na lingua. Doutra banda, o uso que se fai na administración é meramente simbólico. Polo de agora é difícil de prever se o gaélico de Man volverá outra vez ser a lingua dunha comunidade ou ben non haberá pasar dunha utilización puramente testemuñal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario