jueves, 24 de febrero de 2011

A MIÑA ALDEA

      A miña aldea está nunha montaña de León e chámase A Devesa de Boñar.  
      Temos unha casa moi grande con dous pisos, un patio interior onde hai unha   canastra de baloncesto e unha mesa de ping pong. Tamén temos un gran horto onde meu avó planta patacas,pementos,xudías,tomates,cabacíns,etc.   
      É un lugar moi agreste cheo de montaña e se avanzas un pouco polos camiños  de concentración pódense ver os Picos de Europa. Na nosa aldea non hai tendas; para comprar a comida, só ten un bar. Temos que ir 15km para chegar a un pobo chamado Boñar e comprar a comida. Esa é a miña aldea onde víven no verán os meus avós e nós cando imos de vacacións.
                                



                                            

No hay comentarios:

Publicar un comentario