viernes, 18 de febrero de 2011

Mourinho, invencible na casa

O adestrador do Real Madrid, José Mourinho, pode completar esta fin de semana outro fito na súa carreira se o seu equipo non perde fronte ó Levante, xa que cumpriría nove anos imbatido nos partidos xogados na casa e correspondentes a competición nacional. Para recordar a última derrota dun equipo adestrado por Mourinho como local, xa sexa en Liga ou en Copa, fai falta remontarse ata o 23 de febreiro de 2002, cando perdeu co O Porto ante o Beira Mar. Desde entón, Mourinho pasou tamén polos bancos de Chelsea (2004-2007), Inter (2008-2010) e Real Madrid, tres dos equipos máis importantes de Europa e cos que non cultivou nin unha soa derrota nos 179 partidos disputados na casa entre Liga e Copa.

Nestes encontros, o saldo é francamente positivo: 151 vitorias e 28 empates. Na súa xa histórica fazaña de facer caer a Mourinho, o Beira Mar impúxose por 2-3 ó O Porto de Deco, Costinha e McCarthy no estadio de Das Antas, posteriormente substituído polo actual, o de Dragao. A expulsión de Jorge Andrade no minuto 25 de partido puxo costa arriba o duelo, e aínda se complicou máis no 75, cun cartón vermello a Deco cando o equipo xa se atopaba por baixo no marcador (1-2). Mourinho tivo que afrontar un inicio complicado, con tres derrotas consecutivas -fronte ó Real Madrid en Champions, a dobre partido, e fronte ó Beira Mar- que en só dúas semanas deixárono fóra da loita polos títulos ese ano. O partido perdido fronte ó modesto equipo luso é, de feito, a única derrota de toda a súa carreira en encontros xogados na casa en Liga e Copa.

Se a estatística se amplía a competicións internacionais, o preparador portugués, coñecido como "The Special One", só perdeu con outros tres equipos xogando como local: Real Madrid, Panathinaikos -ambos en dúas ocasións- e Barcelona.O Levante intentará esta fin de semana truncar os rexistros de Mourinho, aínda que a verdadeira proba de lume pode chegar co Real Madrid-Barça do próximo mes de abril, a priori decisivo para dilucidar as opcións de ambos os equipos de levar a liga. Aínda que para logralo, antes os brancos terán que seguir invicto no Bernabéu ante Málaga, Hércules e Sporting de Xixón.


Quen? O adestrador do Real Madrid , Xosé Mourinho

Cando?

Onde? No seu campo

Porque ou como? Porque Nestes encontros, o saldo é francamente positivo: 151 vitorias e 28 empates.

No hay comentarios:

Publicar un comentario