O adestrador do Real Madrid, o portugués José Mourinho, na banda do Santiago Bernabéu FOTO: emilio naranjo/efe |
Nestes encontros, o saldo é francamente positivo: 151 vitorias e 28 empates. Na súa xa histórica fazaña de facer caer a Mourinho, o Beira Mar impúxose por 2-3 ó O Porto de Deco, Costinha e McCarthy no estadio de Das Antas, posteriormente substituído polo actual, o de Dragao. A expulsión de Jorge Andrade no minuto 25 de partido puxo costa arriba o duelo, e aínda se complicou máis no 75, cun cartón vermello a Deco cando o equipo xa se atopaba por baixo no marcador (1-2). Mourinho tivo que afrontar un inicio complicado, con tres derrotas consecutivas -fronte ó Real Madrid en Champions, a dobre partido, e fronte ó Beira Mar- que en só dúas semanas deixárono fóra da loita polos títulos ese ano. O partido perdido fronte ó modesto equipo luso é, de feito, a única derrota de toda a súa carreira en encontros xogados na casa en Liga e Copa.
Se a estatística se amplía a competicións internacionais, o preparador portugués, coñecido como "The Special One", só perdeu con outros tres equipos xogando como local: Real Madrid, Panathinaikos -ambos en dúas ocasións- e Barcelona.O Levante intentará esta fin de semana truncar os rexistros de Mourinho, aínda que a verdadeira proba de lume pode chegar co Real Madrid-Barça do próximo mes de abril, a priori decisivo para dilucidar as opcións de ambos os equipos de levar a liga. Aínda que para logralo, antes os brancos terán que seguir invicto no Bernabéu ante Málaga, Hércules e Sporting de Xixón.
Joel como que Mourinho dimisión.
ResponderEliminarGuillermo Pasín
mentiroso quen ten q dimitir é guardiola perdisteis contra el arsenal e empatachedes contra o sporting de xixón!!!!!!!!:
ResponderEliminarXa che gustaria!
ResponderEliminarME GUSTA A TUA ENTRADA SORE MOURIHNO SEND TI DO BARCELONA
ResponderEliminarE que preguntas hai?
ResponderEliminarLois