viernes, 18 de febrero de 2011

Os parados menten no currículo, pero para esconder a súa sobrecualificación...!!!

Galicia rexistra un triste récord histórico, o de 245.831 parados, e o que é peor, todas as previsións apuntan que non se tocou teito. No medio desta crise sen precedentes, as persoas sen emprego loitan á desesperada para atopar un novo medio de vida e nesta situación todos son practicamente iguais, os traballadores cualificados e sen cualificar. Precisamente os primeiros, esconden no seu curriculum parte da súa formación para evitar ser descartados no proceso de selección por estar sobrecualificados.
Segundo os datos da empresa líder en Recursos Humanos Adecco, entre un 5 e un 10% dos parados de larga duración, máis de dous mi- llóns en España, caen no erro do curriculum B se teñen unha cualificación media ou alta. Os expertos en RRHH apuntan que esta tendencia, "sen ser a predominante nos procesos de selección, pode ter consecuencias negativas para o traballador e a empresa". Desde o punto de vista do futuro asalariado, o que de maneira inmediata pode ofrecerlle unha oportunidade laboral, no medio e longo prazo pode causar que se sinta infravalorado no seu posto dando lugar a frustración e falta de motivación.
Ademais, para o patrón a sobrecualificación dun traballador pode ser sinónimo de rotación, xa que en canto o empregado atope unha oportunidade laboral acorde coa súa formación, abandonará a empresa e esta terá que buscar outra persoa.
Nos anos previos á crise, era habitual "maquillar" o CV elevando a categoría de máster ou postgrados, titulacións on line non homologadas ou dentro da traxectoria laboral, engadíanse tarefas nunca de- sempeñadas. Actualmente, desde Adecco observouse unha tendencia á inversa, ocultando información para obter un emprego por debaixo da súa formación. No caso dos parados de longa duración, moitos dos cales son mozos sobradamente preparados, entre o 5 e o 10% dos candidatos, ó estar inmersos nunha busca infrutuosa de emprego, deciden optar por confeccionar un curriculum B "máis baixo".
En xeral, os sectores que máis detectan este tipo de prácticas, ora eliminar unha das varias carreiras cursadas, ora borrar masters, postgrados, idiomas, etc...son o de comercial e o da banca e finanzas, ademais de todo tipo de postos de traballo vencellados coas tarefas administrativas. 

Que??
Que os parados menten no currículo,pero para esconder a súa sobrecualificación.
Cando??
Hoxe.
Onde??
En Galicia.
Porqe e como??
Porqe están no paro sen diñeiro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario