jueves, 9 de junio de 2011

A miña fantasia:Premoniciónsoábam:

Aquela mañá,cando espertei,sentíame extraño.Doíame a cabeza coma se unhas prensas estivéranme presionando a senes.Quixen botarlle a culpa a todo o alchol que bebera aquela noite e que a dor non era máis ca unha resaca de domingo.Pero non era así.Xa tivera resacas antes e non eran desta maneira.De súpeto,veume á cabeza o que soñara aquela noite.Soñara que unha señora cun canciño negro era atropelada por un camión.
Non lle din máis importancia.Estaba bébedo e non poidía pensar con claridade.Vestinme como cada domingo para ir á igrexa e de camiño parei nunha farmacia para comprar aspirinas,xa que a dor seguía.
Saín cunha caixa na man,e sen decatarme fixeime no paso de cebra que me levaba á acera onde estaba á igrexa.Cando me dispoñía a cruzar,dinme conta de que unha muller paseaba pola beirarúa.
Veume un mareo.Esa muller levaba,suxeito cunha correa,un canciño negro.Todo pasou moi deprisa.A muller,o can,os meus pensamentos, recordos e o camión.Todo pasaba moi rápido.Todo era extraño e o peor de todo,todo érame horriblemente familiar.
Perdime de tal maneira nas miñas cousas,que non me din conta de nada ata que unha muller estábame berrando.Pensaba que sería a  muller do can pero non era así.Era outra diferente e parecía moi nerviosa.Dinme conta so que me dicía.Dicía algo como "Por qué está vostede ahí parado? Por qué non vai socorrer á pobre muller?" Non entendía nada.Ata que botei unha ollada á rúa.Un suor frío envadiume a fronte.O camión estaba abolado por diante,estaba manchado de vermello.Unha correa asomaba detras do vehículo.Pechei os ollos,púxenme a rememorar e decateime,moi asustado,de que todo pasar coma no meu soño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario