domingo, 22 de enero de 2012

Traballemos o vídeo

Quen de vós non viu nalgunha ocasión Asterix e Obelix? Seguro que moitas veces. Pois ben, hoxe imos ver este  capítulo de Aterix e Cleopatra. Escoitádeo e contestade por parellas:
-Cal é o personaxe que vos resulta máis simpático? Explicade os motivos
-Un dos personaxes é Cleopatra. Sabedes quen era, en que século viviu e como morreu? Aquí podedes ter información
-Describide tres tipos de paisaxe distinta que aparecen na fita
-Obelix é un personaxe curioso. Cal é a súa principal característica?
-Cantos mercenarios hai? Que función teñen que cumprir? Levárona a cabo?
-O saúdo ao César é coñecido por todos nós. Inventade vós un distinto.
-Hai varias frases graciosas. Escribide unha
-A poción máxica de Panoramix é moi cotizada polos enemigos. En que a empregariades vós?
-Dádelle un final distinto a esta secuencia

No hay comentarios:

Publicar un comentario