viernes, 18 de febrero de 2011

China nega ataques contra webs occidentais:

O Goberno chinés asegurou onte que as acusacións de ciberataques perpetrados desde China contra petroleiras occidentais son "infundadas" e que o seu país condena calquera delito en internet. "Esas alegacións son infundadas", asegurou un voceiro da chancelería chinesa, chamado Ma Zhaoxu, nunha roda de prensa na que destacou o gran desenvolvemento de internet no seu país, que alcanzou os 420 millóns de usuarios.
Diversos gobernos e empresas occidentais denunciaron ataques similares por parte de hackers desde servidores en China, o último o Executivo canadense, que onte mesmo asegurou que nesas incursións os piratas informáticos entraron en bases de información altamente confidenciais.
A multinacional tecnolóxica Google sufriu ataques similares hai un ano contra as contas de disidentes políticos e xornalistas aloxadas nos seus servidores, polo que o ano pasado protagonizou un pulso co Goberno chinés no que ameazou con deixar de operar no país asiático se as autoridades seguían censurando contidos.
O de Google foi un dos conflitos que Pequín e Wáshington viviron nos últimos meses, unha controversia reavivada recentemente pola secretaria de Estado dos Estados Unidos, Hillary Clinton, quen sinalou que a súa Administración destinará 25 millóns de dólares este ano a axudar a ciberdisidentes en réximes coma os de China, Irán ou Exipto. O voceiro Ma respondeu a este anuncio sinalando que o seu Goberno non permitirá "ningunha interferencia nos asuntos internos de China" usando como escusa o desenvolvemento en internet.
No entanto, o voceiro declinou explicar por que o discurso de Clinton foi eliminado do sitio web da Embaixada dos Estados Unidos en Pequín alegando que "non é asunto da miña competencia". China lidera as listas dos países máis censores e represores da liberdade de prensa e expresión no mundo, segundo informes de grupos de dereitos humanos, a pesar de ser o maior mercado do mundo para Internet.
En China non se pode acceder directamente a Twitter, Facebook ou YouTube, unhas páxinas web que están favorecendo o activismo social en moitos países.
Volvendo ós ciberataques, o caso máis recente foi o de Canadá: algúns sistemas informáticos do Goberno canadense están sendo atacados por hackers situados en China que tiveron acceso a información confidencial, indicaron onte medios de comunicación locais.
O xornal The Globe and Mail informou que os ataques se están concentrando nos sistemas do Ministerio de Finanzas e na secretaría do Tesouro, os dous principais departamentos económicos de Canadá, e foron detectados inicialmente a principios de febreiro. Segundo a televisión pública canadense, CBC, os ataques, con todo, iniciáronse a principios de xaneiro. Fontes gobernamentais consultadas polos dous medios sinalaron que os ciberataques comezaron en sistemas informáticos baseados en China e que os hackers foron capaces de asumir o control de computadores nas oficinas de altos funcionarios gobernamentais.
Unha vez que as autoridades canadenses detectaron o ataque, bloquearon o acceso a internet dos sistemas informáticos afectados, o que deixou sen acceso á rede a milleiros de funcionarios.
Quen?- o goberno chinés.
Cando?-no 2010.
Onde?en China.
Porque?-porque diversos gobernos e empresas occidentais denunciaron ataques por parte de hackers desde servidores de China.

2 comentarios: