viernes, 18 de febrero de 2011

Robin dos pobres, en Galiza

Robin Hood entregou onte unha das súas frechas na "embaixada" de Francia na Coruña invitando a Sarkozy, que preside hoxe a reunión do G20, para apoiar unha taxa contra a pobreza. Esta acción, que se levou a cabo en 17 cidades españolas e 20 países, quere ser unha medida de presión para que os "xefazos" do G20 apoien dito gravame. Robin Hood percorreu onte ese longo camiño que o levou ó longo e ancho do planeta, para concienciar na necesidade de incrementar o 0,05% as transaccións financeiras internacionais. Un xesto, que segundo explica o delegado para Galiza de Intermón Oxfan, José Luis Quintela, serviría para recaudar, en oito días, os fondos que garantizarían a educación primaria de 72 millóns de nenos. De aplicarse durante tres meses e medio, apunta, obteríase o suficiente para cubrir o custo para a adaptación ó cambio climático dos países en desenvolvemento. E vai máis alá: "En só 17,5 horas de aplicación cubriríase o fondo trianual para a erradicación da polio".  A "Alianza Taxa Robin Hood", da que forma parte Intermón Oxfan-Galiza e centos de organizacións máis, considera que "non hai escusa" para que os ministros de economía dos países do G20 non adopten este compromiso. Ademais queren lembrarlle ós líderes internacionais, que o 80 por cento das transaccións financeiras non teñen nada que ver coa economía real e que a taxa só se aplicaría sobre as operacións financeiras non comerciantes polo miúdo, como intercambio de accións, bonos, operacións en divisas ou de materias primas.  José Luis Quintela destaca que coa aplicación da taxa Robin Hood poderíase "pórlle coUto á especulación" e recadar a escala mundial máis de 300.000 millóns de euros anuais para loitar contra a pobreza. "É un instrumento verdadeiramente potente", destaca.  O papel que debe xogar o goberno español nesta materia tamén é moi importante. A ministra de Economía, Elena Salgado será a representante española no cumio e ela se lle reclama "coherencia" e que o presidente siga firme no seu apoio á Taxa Robin Hood. "Zapatero debe apostar por realizar unha alianza estratéxica con Francia e con outros países, como Alemaña, para lograr un amplo consenso político".  Ademais, os cidadáns galegos poden, segundo o director de Intermón Oxfan, ter unha posición respecto destes temas que "parecen un pouco técnicos pero ó final nos afectan a todos". "Cada un pode axudar un pouco a este labor de concienciación política" para logar a Taxa. José Luis Quintela sinala, como un dos principais atrancos para lograr este compromiso, as "presións" que existen para que isto non se aplique. No outro lado, lembra que varios premios Novel manifestaronse a favor do gravame. "O resumo sería que o sistema do capitalismo que temos agora non é malo pero ten unha serie de abusos, de límites que si se pasan desestabilizan todo. O intercambio de capital pode estar ben pero hai quen aproveita as folguras do sistema para enriquecerse e isto pode facer moito dano", explica o director de Intermón-Galiza.  Outro dos actos máis destacados levouse a cabo onte en Madrid onde a "Alianza Taxa Robin Hood" se reuniu co embaixador francés en España, Bruno Delaye. O embaixador francés explicou que convencer a todos os países "non é unha tarefa fácil". Pero "Francia, que ten a responsabilidade de presidir as reunións do G20, vai realizar todos os esforzos para convencer os países", asegurou.  "Trátase dun esforzo común dos que xa están subscritos" para conseguir que máis países a aproben, dixo Delaye. Francia, Bélxica, España, Benín, Noruega, Brasil e Xapón asinaron unha iniciativa para a axuda financeira ó desenvolvemento, que inclúe a aprobación desta taxa.  "Precisamos unha base europea que o aplique"  O embaixador mostrouse positivo sobre a aplicación da taxa, pondo como exemplo un imposto que grava con dous euros os billetes de avión para loitar contra a Sida en países emerxentes, que foi aprobado en 2009 por once países europeos, entre eles Francia.  "Non imos esperar que todos os países o aproben, pero é importante que haxa unha base europea, que os países da unión monetaria se impliquen", declarou Delaye. "Está eticamente xustificado, co nivel de especulación que hai nos produtos alimenticios" que sofre a poboación de moitos países, defendeu o embaixador. A "Alianza Taxa Robin Hood" está impulsada en España por Axuda en Acción, InspirAction, Intermón Oxfam, Plan Internacional, Plataforma pola Saúde Global e Save the Children e apoiada pola Alianza Española contra a Pobreza, Greenpeace, Intersindical e o Observatorio de RSC

Quen ? Robin Hood
Cando? Hoxe
Onde? En Galicia
 Por que? Para concienciar na necesidade de incrementar o 0,05% as transaccións financeiras internacionais. Un xesto, que segundo explica o delegado para Galiza de Intermón Oxfan, José Luis Quintela, serviría para recaudar, en oito días, os fondos que garantizarían a educación primaria de 72 millóns de nenos.

9 comentarios:

  1. jajaja
    si elena que bonitiña jaja
    tequiero casii :$

    ResponderEliminar
  2. Casii eu te quero mais.... (L.

    e ainda que non sei quen puxo iso no non me costou xD

    ResponderEliminar
  3. mentiroosa...!!!
    querote máis limona :D

    ResponderEliminar
  4. Non laranxa non sexas mentireira sabes que euu te quero mais

    ResponderEliminar
  5. non casii, eu querote maaiis jajaj
    laranxas laranxas limones limones teño una casi que vale miillons xD
    querooote!!

    ResponderEliminar
  6. non lle costou costoume min mais so lokas :( jajaja os kero

    ResponderEliminar