viernes, 18 de febrero de 2011

Seis preguntas e dous minutos para saber se dependemos da nicotina

O profesor Elisardo Becoña, no seu despacho da Facultade de Psicoloxía da USC FOTO: AGN
O profesor Elisardo Becoña, no seu despacho da Facultade de Psicoloxía da USC
Con só responder a seis preguntas pódese saber se un fumador é dependente ou non da nicotina. Este é o obxecto da escala desenvolvida polo equipo do profesor Elisardo Becoña, que dirixe a Unidade de Tabaquismo da USC, quen considera que coñecer a dependencia é de gran relevancia para a elección do mellor tratamento para os fumadores. De feito, as persoas non dependentes poden deixar de fumar sen esforzo, o que ocorre con 37% dos actuais fumadores en Galicia, segundo explica o profesor. Pola contra, os dependentes, unha parte deixan o hábito por eles mesmos e outra precisan axuda ou non queren intentalo pola propia supeditación que teñen ao tabaco.
A "Escala breve de avaliación do Síndrome de Dependencia da Nicotina (NDSS-S) en fumadores españois" acaba de publicarse na revista Psicothema, nun artigo no que se presenta o test de seis preguntas breves. A relevancia deste patrón atópase, tal e como sinala Becoña, en que nun minuto se pode saber se un fumador é ou non dependente da nicotina, seguindo os actuais criterios diagnósticos para este trastorno.
Para a elaboración deste estudo usouse unha ampla mostra de 1.601 fumadores, procedentes de cinco centros de atención primaria de Galicia, Madrid, Andalucía, da Unidade de Tabaquismo da Facultade de Psicoloxía da USC e da Unidade de Condutas Adictivas de Ourense.
A escala de Elisardo Becoña é o desenvolvemento doutra máis ampla, elaborada polo doutor Shiffman da Universidade de Pensilvania, con quen colabora dende hai anos e que é o método internacional con mellor funcionamento do que se dispón para avaliar a dependencia da nicotina. Así, no estudo do equipo do profesor da USC desenvólvese unha escala curta que ten, segundo os seus responsables, unha excelente fiabilidade e unha boa capacidade preditiva.
Desde hai xa 26 anos, o programa para Deixar de Fumar que ofrece a facultade compostelá de Psicoloxía tratou uns 10.000 casos.
O perfil do paciente adoita ser o de persoas de entre 30 e 50 anos, con problemas físicos e enfermidades por consumo de tabaco que necesitan e queren deixar de fumar e que xa probaron outros métodos.
Moi doado de descubrir
Velaí o test de dependenza:
1. Tendo a evitar os restaurantes onde non se permite fumar, ata aínda que me guste a súa comida.
2. Comparado con cando empecei a fumar, necesito fumar moito máis agora para conseguir o mesmo efecto.
3. Tras pasar un tempo sen fumar, necesito facelo para non sentirme mal.
4. Cando realmente desexo un cigarro, parece que estou baixo o control dalgunha forza descoñecida que non podo dominar.
5. Sempre que estou sen fumar durante algunhas horas, sinto unhas ganas moi fortes de facelo.
6. Logo de estar un tempo sen fumar, necesito facelo para aliviar as sensacións de inquietude e irritabilidade
Para cada unha destas preguntas hai cinco respostas coa cada súa puntuación: Non é certo (1); Algo certo (2); Moderadamente certo (3); Moi certo (4) e Totalmente certo (5). O Punto de corte para dependencia da nicotina é; 11 ou máis puntos.

-¿QUEN?-O profesor Elisardo Becoña
-¿CANDO?-..................
-¿ONDE?-NA universidade de Santiago de Compostela(USC)
-¿POR QUE?-Para saber se dependmeos da nicotina

3 comentarios: