lunes, 9 de mayo de 2011

Negras sombras

Trátase da historia dun señor chamado Carter Brigham que espertou de súpeto dun sono pola culpa dun ruído que procedía de casa; eran uns pés arrastrándose polo chan. Carter sabía que non tiña arma ningunha na casa. Pero aínda así saíu cara os ruídos porque pensaba que era un rateiro, escoitouno toupar cunha cadeira que fixo moito ruído, entón supo que sería inexperto e non tería moitos problemas se non fose armado. Encontrou a sombra do intruso entre escuridade da habitación e abalanzouse sobre o seu ombro e caeron ao chan. Cando encendeu a luz diúse conta de que non era un rateiro, era unha rapaza. A rapaza dixo que se chamaba Anxo estaba preocupada por se Carter chamaba á policía pero non a chamou,  chegou o detetive Cassidy que lle dixo que levaba a rapaza con ela. Carter negouse e intentoulle pagar 400$ se soltaba a Anxo pero non aceptou porque por levala gañaba máis. Carter sen pensar o que estaba facendo ofreciúlle 950$ e o detetive o aceptou con dudas. Ao final foron ao hospital pois Carter fixéralle dano co ombro, ela case non podía respirar e sen poder dar o último suspiro morreu dunha hemorraxia pulmonar. Carter tristemente culpándose foi a comisaría e dixo que o fixo el. Cassidy mentiu dicindo que intentou evitalo e así gañouse un ascenso 250$ e mais un inimigo: Carter Webright Brigham que foi condenado a 10 anos de cárcere por homicidio e resistencia á autoridade sen se defender. 12 anos despois Christen Cassidy apareceu morto apuñalado no seu apartamento sen chegar nunca a saber porqué.
                                                                         FIN

1 comentario:

  1. Moi ben, Nacho. Grazas á túa aportación tan interesante, podemos informarnos moito mellor todos
    Lois

    ResponderEliminar