Mostrando entradas con la etiqueta POESIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POESIA. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de octubre de 2011

Recitados infantís tradicionais

http://www.orellapendella.org/files/audio/xogos/pico_pico_1.mp3

Pico, pico, mazarico,
¿quen che deu tan longo “pico”?
Deumo Deus e San Santiago
para picar o pan no agro
e piquei e repiquei,
cen milliños encontrei
e boteinos a moer
e os ratiños a comer
e agarrei un polo rabo
e boteino naquel cabo
e tamén agarrei outro
e boteino naquel souto
e vin de moita “prisa”
tocando a miña gaitiña
pero víronme os ladróns
e roubáronme os calzóns



Vía Orellapendella.org

viernes, 15 de abril de 2011

Empezamos con catro versos

Teño un amor campesiño,
teño un amor mariñeiro,
pero eu non sei moi ben
cal dos dous é primeiro

E agora imos nós continuar o poema de amor con outros catro versos

jueves, 14 de abril de 2011

Un poemiña para xogar

Estaba a lúa arrolando
con moito mimo a unha nena.
Estaba o sol a fitala
cunha mirada serena.

Foi achegándose a ela
amodiño, devagar,
e cando a tivo diante,
un beixo quíxolle dar.

A lúa pousou no berce
á pequerrecha durmida.
Deulle a súa man ao sol
e emprenderon a fuxida

           en Aloumiños

 con moito mimo a unha nena
 amodiño, devagar,
un beixo quíxolle dar.
Estaba a lúa arrolando

Foi achegándose a ela
e cando a tivo diante,
á pequerrecha durmida.
Deulle a súa man ao sol

e emprenderon a fuxida
cunha mirada serena
 Estaba o sol a fitala
A lúa pousou no berce

     Resultado da adaptación casual de 1ºC

Ao final o poema quedounos así

  
Meu corazón é o carceleiro 
  que canta ao luar e ao mencer,
  o fillo que me namora
  e non o podo esquecer. 

Amo a fermosa beleza
do sol e os seus raios
dos raios da pobreza,
na choiva algareira. 

queres ver unha cousa graciosa??
coas caras que están sorrindo
pouco a pouco se van indo
como un neno felizmente espido

Ese tesouro noso pechado no corazón
coma os soños dos rapaces
neste universo en expansión
ven un tolo e róubache o corazón.

                Recreación a partir de versos de varios autores


jueves, 7 de abril de 2011

SELECCIONAMOS UN POEMA

Un rato díxolle á lúa:
-Nunca reparas en min;
Por iso vivo na rúa
metido nun calcetín

Do libro Aloumiños

E aquí podemos escoitar algúns poemas recitados por alumnado de Cambre - Sigrás