Mostrando entradas con la etiqueta PRENSA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PRENSA. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de abril de 2012

informacion··

gran exodo da poboacion polos combates,
na fronteira de sudan e sudan nosur.

opinion..

a viaxe do elefante por diana
varela puñal.

miércoles, 25 de abril de 2012

seguimos coa prensa.

Refachos de vento de 142 km/h en Cedeira e 73 litros por metro cadrado en Santa Comba:

O temporal de vento e chuvias rexistrado dende a media noite e as primeiras horas do día deixou en Galicia refachos máximos de 142 quilómetros por hora en Cedeira (A Coruña) e 73 litros por metro cadrado acumulados na localidade coruñesa de Santa Comba.

                                      OPINIÓN: Cando o día 13 do pasado mes de marzo collín nun supermercado da Pontevea o semanario Tierras de Santiago, do Grupo Correo Gallego, atopeime coa agradable sorpresa de que tiña a cabeceira e demais títulos e textos da portada en galego.

Traballamos coa prensa

Restablecido o tráfico na A-6 tras a retirada do camión accidentado .
Os traballos para transvasar o gas seguiron ata o mediodia ,mentres dous das familias desaloxadas puideron regresar xa aos seus fogares.

martes, 24 de abril de 2012

Ricky Martin


O cantante portorriqueño Ricky Martin vendeu a súa mansión de Miami por 10,6 millóns de dólares (8 millóns de euros), despois de ter o cartel de "véndese” desde 2008 e tras rebaixar o prezo case á metade.




Ricky Martin vende a súa casa de Miami


Ricky Martin:

Es un actor profesional fixo avatar y ten seis fillos e catro mansion .

traballamos coa prensa

se trata dun traballador duns 40 anos ferido popr o seu traballo . e gora esta no hospital cuidados intensivos , o seu suceso foi cando o operario caeu do chan donde traballaba.

inventado
 
enton se recuperou eh morreu  e a sua muller sufriu moito polo  o seu marido, e os seus fillos tamen non o podrian aceptar a sua morte enton pasaron dias e todo iba a normalidade e afrontabao e asi viviron que si se morre alguen nos a sua familia sufrimos moito por o ser querido que morreu.

Traballamos coa prensa

Abrimos un xornal, por exemplo, De luns a venres. 
-Seleccionamos un titular
-Resumimos en tres liñas o contido
-Transformamos a noticia e engadímoslle unha imaxe
-Valoramos os traballos dos demais cun comentario

viernes, 18 de febrero de 2011

PRENSA

Galicia vai recuperando tras o temporal de vento e neve ue deixou mais de 275 incidencias,oitentaeunha delas foron probocadas pola neve,e as restantes,polo vento.todas as incidencias foron atendidas polo 112,que tivo moito traballo pola noite.


como?
coa accion do vento e a neve
quen?
toda a xente afectada polo temporal
cando'
entre o martes e o mercores.
en case todo Galicia

Mourinho, invencible na casa

O adestrador do Real Madrid, José Mourinho, pode completar esta fin de semana outro fito na súa carreira se o seu equipo non perde fronte ó Levante, xa que cumpriría nove anos imbatido nos partidos xogados na casa e correspondentes a competición nacional. Para recordar a última derrota dun equipo adestrado por Mourinho como local, xa sexa en Liga ou en Copa, fai falta remontarse ata o 23 de febreiro de 2002, cando perdeu co O Porto ante o Beira Mar. Desde entón, Mourinho pasou tamén polos bancos de Chelsea (2004-2007), Inter (2008-2010) e Real Madrid, tres dos equipos máis importantes de Europa e cos que non cultivou nin unha soa derrota nos 179 partidos disputados na casa entre Liga e Copa.

Nestes encontros, o saldo é francamente positivo: 151 vitorias e 28 empates. Na súa xa histórica fazaña de facer caer a Mourinho, o Beira Mar impúxose por 2-3 ó O Porto de Deco, Costinha e McCarthy no estadio de Das Antas, posteriormente substituído polo actual, o de Dragao. A expulsión de Jorge Andrade no minuto 25 de partido puxo costa arriba o duelo, e aínda se complicou máis no 75, cun cartón vermello a Deco cando o equipo xa se atopaba por baixo no marcador (1-2). Mourinho tivo que afrontar un inicio complicado, con tres derrotas consecutivas -fronte ó Real Madrid en Champions, a dobre partido, e fronte ó Beira Mar- que en só dúas semanas deixárono fóra da loita polos títulos ese ano. O partido perdido fronte ó modesto equipo luso é, de feito, a única derrota de toda a súa carreira en encontros xogados na casa en Liga e Copa.

Se a estatística se amplía a competicións internacionais, o preparador portugués, coñecido como "The Special One", só perdeu con outros tres equipos xogando como local: Real Madrid, Panathinaikos -ambos en dúas ocasións- e Barcelona.O Levante intentará esta fin de semana truncar os rexistros de Mourinho, aínda que a verdadeira proba de lume pode chegar co Real Madrid-Barça do próximo mes de abril, a priori decisivo para dilucidar as opcións de ambos os equipos de levar a liga. Aínda que para logralo, antes os brancos terán que seguir invicto no Bernabéu ante Málaga, Hércules e Sporting de Xixón.


Quen? O adestrador do Real Madrid , Xosé Mourinho

Cando?

Onde? No seu campo

Porque ou como? Porque Nestes encontros, o saldo é francamente positivo: 151 vitorias e 28 empates.

Anacos de feminismo

O aborto, o divorcio, a libre sexualidade, a participación política, a igualdade doméstica... Aínda non tendo todo acadado, a sociedade de hoxe dá fe dos espazos, en termos de dereitos conquistados pola loita feminista, que se constituíu como movemento en Galicia aló polos anos 70 e 80. Conquistas recoñecidas e que, con todo, perigan hoxe coa existencia dunha "corrente neoconservadora" que busca levar a muller de volta á casa para cumprir o seu papel de esposa.
Así o criticou onte o director da Fundación Galiza Sempre (FGS), Xabier Macías, quen advertiu de que "hai problemas gravísimos entorno aos dereitos das mulleres", sendo o máis preocupante as "forzas políticas e sociais que queren dar pasos atrás, que queren volver a unha situación de menor libertade e menor autonomía" feminina.
Con motivo da presentación do libro 22 documentos de feminismo galego, de recente publicación por parte da fundación que dirixe, Macías reflexionou sobre o recoñecemento ao feminismo histórico en Galicia e as actuais correntes que, segundo lamentou, poñen en perigo moitos dos dereitos acadados. É o caso das tendencias "neoconservadoras" que "enfatizan o papel das mulleres como nais e como esposas, e que queren facer retroceder os espazos e as libertades conseguidos polas mulleres", denunciou.

Panfletos e manifestos das protestas históricas
O libro xorde por mor dunha exposición organizada pola Fundación Galicia Sempre na que se recompilaron arquivos e documentación do movemento feminista en Galicia, tras o que se formularon "a utilidade de recoller panfletos e manifestos dos que se len en manifestacións ou campañas", un tipo de documentos que, segundo Macías, "normalmente teñen interese porque son representativos dunha época, dunha campaña, dun contexto, pero que non se reproducen, non se conservan ou non son accesibles". Velaquí a intención do libro: "Facer accesible documentación con interese histórico do movemento feminista en Galicia", engadiu Macías.
Panfletos, manifestos e documentos da loita polos dereitos das mulleres que transcorreu entre os anos 1975 e 2003 e que deixan constancia das principais campañas impulsadas no noso país.
O dereito ao divorcio ou ao aborto; contra o delito de adulterio; as demandas de emprego digno e do repartimento igualitario de tarefas domésticas; a denuncia da violencia machista; a reivindicación dunha sexualidade libre ou da plena participación das mulleres son algúns dos temas que configuran esta escolma de documentos, con textos introdutorios da xoven historiadora Isabel Rodríguez Mate a partir de fontes documentais da Fundación 10 de Marzo e, en especial, da histórica feminista Nanina Santos.
Para o responsable da Fundación Galiza Sempre, os 22 documentos recollidos "atesouran que os dereitos non caen do ceo e que a súa progresiva inclusión na legalidade requeriu o esforzo e mobilización de moitas persoas, a miúdo en condicións adversas", destacou Macías, quen considerou que "as ideas das organizacións feministas si que teñen un recoñecemento na sociedade actual". Con todo, engadiu, "hai moitas cousas que siguen mal e o recoñecemento pleno, alén do legal, está moi verde, queda moito por facer, concluiu.

A publicación, que se suma á traxectoria divulgativa da Fundación Galiza Sempre (FGS) en temas de feminismo, está dispoñible desde xa nas librerías de todo o país      


- a noticia vai tratar do maltrato machista hacia as mulleres ,non ten nin como ni porque pero eu sabiano dicir porque os homes as veces creense superiores e son exclavos dos seus impulsos pero cando hai sangue dunha muller e a  nosa sangue. A noticia non te nin quen nn cando nin onde nin porque ou como.

Os parados menten no currículo, pero para esconder a súa sobrecualificación...!!!

Galicia rexistra un triste récord histórico, o de 245.831 parados, e o que é peor, todas as previsións apuntan que non se tocou teito. No medio desta crise sen precedentes, as persoas sen emprego loitan á desesperada para atopar un novo medio de vida e nesta situación todos son practicamente iguais, os traballadores cualificados e sen cualificar. Precisamente os primeiros, esconden no seu curriculum parte da súa formación para evitar ser descartados no proceso de selección por estar sobrecualificados.
Segundo os datos da empresa líder en Recursos Humanos Adecco, entre un 5 e un 10% dos parados de larga duración, máis de dous mi- llóns en España, caen no erro do curriculum B se teñen unha cualificación media ou alta. Os expertos en RRHH apuntan que esta tendencia, "sen ser a predominante nos procesos de selección, pode ter consecuencias negativas para o traballador e a empresa". Desde o punto de vista do futuro asalariado, o que de maneira inmediata pode ofrecerlle unha oportunidade laboral, no medio e longo prazo pode causar que se sinta infravalorado no seu posto dando lugar a frustración e falta de motivación.
Ademais, para o patrón a sobrecualificación dun traballador pode ser sinónimo de rotación, xa que en canto o empregado atope unha oportunidade laboral acorde coa súa formación, abandonará a empresa e esta terá que buscar outra persoa.
Nos anos previos á crise, era habitual "maquillar" o CV elevando a categoría de máster ou postgrados, titulacións on line non homologadas ou dentro da traxectoria laboral, engadíanse tarefas nunca de- sempeñadas. Actualmente, desde Adecco observouse unha tendencia á inversa, ocultando información para obter un emprego por debaixo da súa formación. No caso dos parados de longa duración, moitos dos cales son mozos sobradamente preparados, entre o 5 e o 10% dos candidatos, ó estar inmersos nunha busca infrutuosa de emprego, deciden optar por confeccionar un curriculum B "máis baixo".
En xeral, os sectores que máis detectan este tipo de prácticas, ora eliminar unha das varias carreiras cursadas, ora borrar masters, postgrados, idiomas, etc...son o de comercial e o da banca e finanzas, ademais de todo tipo de postos de traballo vencellados coas tarefas administrativas. 

Que??
Que os parados menten no currículo,pero para esconder a súa sobrecualificación.
Cando??
Hoxe.
Onde??
En Galicia.
Porqe e como??
Porqe están no paro sen diñeiro.


Mouriño , imbencible na casa

O adestrador do Real Madrid, José Mourinho, pode completar esta fin de semana outro fito na súa carreira se o seu equipo non perde fronte ó Levante, xa que cumpriría nove anos imbatido nos partidos xogados na casa e correspondentes a competición nacional. Para recordar a última derrota dun equipo adestrado por Mourinho como local, xa sexa en Liga ou en Copa, fai falta remontarse ata o 23 de febreiro de 2002, cando perdeu co O Porto ante o Beira Mar. Desde entón, Mourinho pasou tamén polos bancos de Chelsea (2004-2007), Inter (2008-2010) e Real Madrid, tres dos equipos máis importantes de Europa e cos que non cultivou nin unha soa derrota nos 179 partidos disputados na casa entre Liga e Copa.
Quen?
José Mourihno
 Cando?
Esta fin de semana
Onde?
No estadio
Porque?
Por que se perde este parido non seguira a súa suerte 

Mourinho, invencible na casa

O adestrador do Real Madrid, José Mourinho, pode completar esta fin de semana outro fito na súa carreira se o seu equipo non perde fronte ó Levante, xa que cumpriría nove anos imbatido nos partidos xogados na casa e correspondentes a competición nacional. Para recordar a última derrota dun equipo adestrado por Mourinho como local, xa sexa en Liga ou en Copa, fai falta remontarse ata o 23 de febreiro de 2002, cando perdeu co O Porto ante o Beira Mar. Desde entón, Mourinho pasou tamén polos bancos de Chelsea (2004-2007), Inter (2008-2010) e Real Madrid, tres dos equipos máis importantes de Europa e cos que non cultivou nin unha soa derrota nos 179 partidos disputados na casa entre Liga e Copa.
Nestes encontros, o saldo é francamente positivo: 151 vitorias e 28 empates. Na súa xa histórica fazaña de facer caer a Mourinho, o Beira Mar impúxose por 2-3 ó O Porto de Deco, Costinha e McCarthy no estadio de Das Antas, posteriormente substituído polo actual, o de Dragao. A expulsión de Jorge Andrade no minuto 25 de partido puxo costa arriba o duelo, e aínda se complicou máis no 75, cun cartón vermello a Deco cando o equipo xa se atopaba por baixo no marcador (1-2). Mourinho tivo que afrontar un inicio complicado, con tres derrotas consecutivas -fronte ó Real Madrid en Champions, a dobre partido, e fronte ó Beira Mar- que en só dúas semanas deixárono fóra da loita polos títulos ese ano. O partido perdido fronte ó modesto equipo luso é, de feito, a única derrota de toda a súa carreira en encontros xogados na casa en Liga e Copa.
Se a estatística se amplía a competicións internacionais, o preparador portugués, coñecido como "The Special One", só perdeu con outros tres equipos xogando como local: Real Madrid, Panathinaikos -ambos en dúas ocasións- e Barcelona.O Levante intentará esta fin de semana truncar os rexistros de Mourinho, aínda que a verdadeira proba de lume pode chegar co Real Madrid-Barça do próximo mes de abril, a priori decisivo para dilucidar as opcións de ambos os equipos de levar a liga. Aínda que para logralo, antes os brancos terán que seguir invicto no Bernabéu ante Málaga, Hércules e Sporting de Xixón.                                   




Quén: Jose Mourinho
Como: Non perdendo os partidos da casa dende o 23 de febreiro do 2002
Cando: Esta temporada
Donde : No Santiago Bernabeu


Mouriño dimision!!!!

O adestrador do Real Madrid, o portugués José Mourinho, na banda do Santiago Bernabéu FOTO: emilio naranjo/efe
O adestrador do Real Madrid, o portugués José Mourinho, na banda do Santiago Bernabéu
FOTO: emilio naranjo/efe
O adestrador do Real Madrid, José Mourinho, pode completar esta fin de semana outro fito na súa carreira se o seu equipo non perde fronte ó Levante, xa que cumpriría nove anos imbatido nos partidos xogados na casa e correspondentes a competición nacional. Para recordar a última derrota dun equipo adestrado por Mourinho como local, xa sexa en Liga ou en Copa, fai falta remontarse ata o 23 de febreiro de 2002, cando perdeu co O Porto ante o Beira Mar. Desde entón, Mourinho pasou tamén polos bancos de Chelsea (2004-2007), Inter (2008-2010) e Real Madrid, tres dos equipos máis importantes de Europa e cos que non cultivou nin unha soa derrota nos 179 partidos disputados na casa entre Liga e Copa.
Nestes encontros, o saldo é francamente positivo: 151 vitorias e 28 empates. Na súa xa histórica fazaña de facer caer a Mourinho, o Beira Mar impúxose por 2-3 ó O Porto de Deco, Costinha e McCarthy no estadio de Das Antas, posteriormente substituído polo actual, o de Dragao. A expulsión de Jorge Andrade no minuto 25 de partido puxo costa arriba o duelo, e aínda se complicou máis no 75, cun cartón vermello a Deco cando o equipo xa se atopaba por baixo no marcador (1-2). Mourinho tivo que afrontar un inicio complicado, con tres derrotas consecutivas -fronte ó Real Madrid en Champions, a dobre partido, e fronte ó Beira Mar- que en só dúas semanas deixárono fóra da loita polos títulos ese ano. O partido perdido fronte ó modesto equipo luso é, de feito, a única derrota de toda a súa carreira en encontros xogados na casa en Liga e Copa.
Se a estatística se amplía a competicións internacionais, o preparador portugués, coñecido como "The Special One", só perdeu con outros tres equipos xogando como local: Real Madrid, Panathinaikos -ambos en dúas ocasións- e Barcelona.O Levante intentará esta fin de semana truncar os rexistros de Mourinho, aínda que a verdadeira proba de lume pode chegar co Real Madrid-Barça do próximo mes de abril, a priori decisivo para dilucidar as opcións de ambos os equipos de levar a liga. Aínda que para logralo, antes os brancos terán que seguir invicto no Bernabéu ante Málaga, Hércules e Sporting de Xixón.

Quen?=O Real Madrid.   

Cando?=Toda a temporada

Onde?=Na sua casa no estadio Santiago Bernabeu.

Por que?=Por que no seu campo Santiago Bernabeu non perdeu ningun partido.



Galicia recupera a calma

Despois de varios dias con alertas e moito temporal hoxe Galicia recupera a calma.Cuns ventos de ata 133 quilómetros por hora.Chamadas de urxencias por culpa da neve,da chuvia,etc.Tiveron que cerrar a estación de montaña de Manzaneda(Ourense)Tamén na praia do orzan apareceu un arroaz(un delfín pequeno)morto.
:-(

As obras do cuarto depósito de lixo na Areosa sepultan un regato

O río Lengüelle de Cerceda, que saltou ós medios pola contaminación sufrida en 2008 polas fugas rexistradas no vertedoiro de residuos sólidos urbanos de Sogama na Areosa, volve ter problemas por culpa dunha entulleira. Desta vez trátase do futuro depósito de refugallos procedentes do sector da construción na zona coñecida como Campo Gallosa autorizado pola Xunta en xuño do 2009 e cuxas obras acaban de sepultar un regato afluente do Lengüelle.

A denuncia efectuada polos veciños da zona foi recollida polo BNG de Cerceda, quen constatou a agresión sobre esta canle, cuberta totamente por centos de toneladas de pedras e demais materiais procedentes do movemento de terras realizado para a construción do que será o cuarto depósito de lixo que acolle a Areosa. Como consecuencia, o BNG local decidiu presentar unha denuncia ante Augas de Galicia e o propio Concello de Cerceda ó entender que a empresa responsable, Recoge Galicia de Gestión S.L., carece de licenza para realizar esta vertedura. "A firma ten permiso para construír o vertedoiro e facer un movemento de terras de 194.000 m3 pero non para depositar os entullos nun predio situado a 700 metros das obras pola que atravesa o regato", apunta a voceira do BNG local, Rocío de la Iglesia. Segundo explica, a parcela -adquirida pola empresa para tal fin- está tipificada como terreo rústico de protección forestal, polo que non se pode efectuar a vertedura sobre ela. Ademais, De la Iglesia recorda que as canles fluviais son espazos de protección que deben ser preservados, polo que dita actuación sería "ilegal". A maiores, os veciños da zona denunciaron que o transporte en camión dos entullos abriron pistas sobre camiños de servidume tradicionais, ademais de destruír valados e marcos dos terreos lindantes, actuación que xa denunciaron nos xulgados.
Ante esta situación irregular, o BNG de Cerceda solicita que o Concello paralice as actuacións para as que carece de licenza, ó tempo que lle esixe á firma a "inmediata reposición dos danos producidos, tanto no regato que discorre pola Areosa como nos camiños destruídos e montes e predios aledaños". Finalmente, o BNG local reclama que Augas de Galicia admita a trámite a denuncia presentada contra a empresa por non seguir a normativa en canto a protección de canles fluviais.

Non poden tapar un regato só porque lles dea a gana.A denuncia ten razón,xa que están facendo obras sen licencia.Teñen que facer o que lles está permitido e nada máis.Se tapan ese regato,pode haber moitos problemas para os peixes e demáis animais e plantas que alí habitan.é un alivio que gañasen os cidadáns.

Quen? Os veciños

Que? Denunciaron que se taponara un regato con lixo.

Cando? .........

Por que? Porque lles parece moi mal que fagan iso.

Seis preguntas e dous minutos para saber se dependemos da nicotina

O profesor Elisardo Becoña, no seu despacho da Facultade de Psicoloxía da USC FOTO: AGN
O profesor Elisardo Becoña, no seu despacho da Facultade de Psicoloxía da USC
Con só responder a seis preguntas pódese saber se un fumador é dependente ou non da nicotina. Este é o obxecto da escala desenvolvida polo equipo do profesor Elisardo Becoña, que dirixe a Unidade de Tabaquismo da USC, quen considera que coñecer a dependencia é de gran relevancia para a elección do mellor tratamento para os fumadores. De feito, as persoas non dependentes poden deixar de fumar sen esforzo, o que ocorre con 37% dos actuais fumadores en Galicia, segundo explica o profesor. Pola contra, os dependentes, unha parte deixan o hábito por eles mesmos e outra precisan axuda ou non queren intentalo pola propia supeditación que teñen ao tabaco.
A "Escala breve de avaliación do Síndrome de Dependencia da Nicotina (NDSS-S) en fumadores españois" acaba de publicarse na revista Psicothema, nun artigo no que se presenta o test de seis preguntas breves. A relevancia deste patrón atópase, tal e como sinala Becoña, en que nun minuto se pode saber se un fumador é ou non dependente da nicotina, seguindo os actuais criterios diagnósticos para este trastorno.
Para a elaboración deste estudo usouse unha ampla mostra de 1.601 fumadores, procedentes de cinco centros de atención primaria de Galicia, Madrid, Andalucía, da Unidade de Tabaquismo da Facultade de Psicoloxía da USC e da Unidade de Condutas Adictivas de Ourense.
A escala de Elisardo Becoña é o desenvolvemento doutra máis ampla, elaborada polo doutor Shiffman da Universidade de Pensilvania, con quen colabora dende hai anos e que é o método internacional con mellor funcionamento do que se dispón para avaliar a dependencia da nicotina. Así, no estudo do equipo do profesor da USC desenvólvese unha escala curta que ten, segundo os seus responsables, unha excelente fiabilidade e unha boa capacidade preditiva.
Desde hai xa 26 anos, o programa para Deixar de Fumar que ofrece a facultade compostelá de Psicoloxía tratou uns 10.000 casos.
O perfil do paciente adoita ser o de persoas de entre 30 e 50 anos, con problemas físicos e enfermidades por consumo de tabaco que necesitan e queren deixar de fumar e que xa probaron outros métodos.
Moi doado de descubrir
Velaí o test de dependenza:
1. Tendo a evitar os restaurantes onde non se permite fumar, ata aínda que me guste a súa comida.
2. Comparado con cando empecei a fumar, necesito fumar moito máis agora para conseguir o mesmo efecto.
3. Tras pasar un tempo sen fumar, necesito facelo para non sentirme mal.
4. Cando realmente desexo un cigarro, parece que estou baixo o control dalgunha forza descoñecida que non podo dominar.
5. Sempre que estou sen fumar durante algunhas horas, sinto unhas ganas moi fortes de facelo.
6. Logo de estar un tempo sen fumar, necesito facelo para aliviar as sensacións de inquietude e irritabilidade
Para cada unha destas preguntas hai cinco respostas coa cada súa puntuación: Non é certo (1); Algo certo (2); Moderadamente certo (3); Moi certo (4) e Totalmente certo (5). O Punto de corte para dependencia da nicotina é; 11 ou máis puntos.

-¿QUEN?-O profesor Elisardo Becoña
-¿CANDO?-..................
-¿ONDE?-NA universidade de Santiago de Compostela(USC)
-¿POR QUE?-Para saber se dependmeos da nicotina

Robin dos pobres, en Galiza

Robin Hood entregou onte unha das súas frechas na "embaixada" de Francia na Coruña invitando a Sarkozy, que preside hoxe a reunión do G20, para apoiar unha taxa contra a pobreza. Esta acción, que se levou a cabo en 17 cidades españolas e 20 países, quere ser unha medida de presión para que os "xefazos" do G20 apoien dito gravame. Robin Hood percorreu onte ese longo camiño que o levou ó longo e ancho do planeta, para concienciar na necesidade de incrementar o 0,05% as transaccións financeiras internacionais. Un xesto, que segundo explica o delegado para Galiza de Intermón Oxfan, José Luis Quintela, serviría para recaudar, en oito días, os fondos que garantizarían a educación primaria de 72 millóns de nenos. De aplicarse durante tres meses e medio, apunta, obteríase o suficiente para cubrir o custo para a adaptación ó cambio climático dos países en desenvolvemento. E vai máis alá: "En só 17,5 horas de aplicación cubriríase o fondo trianual para a erradicación da polio".  A "Alianza Taxa Robin Hood", da que forma parte Intermón Oxfan-Galiza e centos de organizacións máis, considera que "non hai escusa" para que os ministros de economía dos países do G20 non adopten este compromiso. Ademais queren lembrarlle ós líderes internacionais, que o 80 por cento das transaccións financeiras non teñen nada que ver coa economía real e que a taxa só se aplicaría sobre as operacións financeiras non comerciantes polo miúdo, como intercambio de accións, bonos, operacións en divisas ou de materias primas.  José Luis Quintela destaca que coa aplicación da taxa Robin Hood poderíase "pórlle coUto á especulación" e recadar a escala mundial máis de 300.000 millóns de euros anuais para loitar contra a pobreza. "É un instrumento verdadeiramente potente", destaca.  O papel que debe xogar o goberno español nesta materia tamén é moi importante. A ministra de Economía, Elena Salgado será a representante española no cumio e ela se lle reclama "coherencia" e que o presidente siga firme no seu apoio á Taxa Robin Hood. "Zapatero debe apostar por realizar unha alianza estratéxica con Francia e con outros países, como Alemaña, para lograr un amplo consenso político".  Ademais, os cidadáns galegos poden, segundo o director de Intermón Oxfan, ter unha posición respecto destes temas que "parecen un pouco técnicos pero ó final nos afectan a todos". "Cada un pode axudar un pouco a este labor de concienciación política" para logar a Taxa. José Luis Quintela sinala, como un dos principais atrancos para lograr este compromiso, as "presións" que existen para que isto non se aplique. No outro lado, lembra que varios premios Novel manifestaronse a favor do gravame. "O resumo sería que o sistema do capitalismo que temos agora non é malo pero ten unha serie de abusos, de límites que si se pasan desestabilizan todo. O intercambio de capital pode estar ben pero hai quen aproveita as folguras do sistema para enriquecerse e isto pode facer moito dano", explica o director de Intermón-Galiza.  Outro dos actos máis destacados levouse a cabo onte en Madrid onde a "Alianza Taxa Robin Hood" se reuniu co embaixador francés en España, Bruno Delaye. O embaixador francés explicou que convencer a todos os países "non é unha tarefa fácil". Pero "Francia, que ten a responsabilidade de presidir as reunións do G20, vai realizar todos os esforzos para convencer os países", asegurou.  "Trátase dun esforzo común dos que xa están subscritos" para conseguir que máis países a aproben, dixo Delaye. Francia, Bélxica, España, Benín, Noruega, Brasil e Xapón asinaron unha iniciativa para a axuda financeira ó desenvolvemento, que inclúe a aprobación desta taxa.  "Precisamos unha base europea que o aplique"  O embaixador mostrouse positivo sobre a aplicación da taxa, pondo como exemplo un imposto que grava con dous euros os billetes de avión para loitar contra a Sida en países emerxentes, que foi aprobado en 2009 por once países europeos, entre eles Francia.  "Non imos esperar que todos os países o aproben, pero é importante que haxa unha base europea, que os países da unión monetaria se impliquen", declarou Delaye. "Está eticamente xustificado, co nivel de especulación que hai nos produtos alimenticios" que sofre a poboación de moitos países, defendeu o embaixador. A "Alianza Taxa Robin Hood" está impulsada en España por Axuda en Acción, InspirAction, Intermón Oxfam, Plan Internacional, Plataforma pola Saúde Global e Save the Children e apoiada pola Alianza Española contra a Pobreza, Greenpeace, Intersindical e o Observatorio de RSC

Quen ? Robin Hood
Cando? Hoxe
Onde? En Galicia
 Por que? Para concienciar na necesidade de incrementar o 0,05% as transaccións financeiras internacionais. Un xesto, que segundo explica o delegado para Galiza de Intermón Oxfan, José Luis Quintela, serviría para recaudar, en oito días, os fondos que garantizarían a educación primaria de 72 millóns de nenos.