viernes, 18 de febrero de 2011

As obras do cuarto depósito de lixo na Areosa sepultan un regato

O río Lengüelle de Cerceda, que saltou ós medios pola contaminación sufrida en 2008 polas fugas rexistradas no vertedoiro de residuos sólidos urbanos de Sogama na Areosa, volve ter problemas por culpa dunha entulleira. Desta vez trátase do futuro depósito de refugallos procedentes do sector da construción na zona coñecida como Campo Gallosa autorizado pola Xunta en xuño do 2009 e cuxas obras acaban de sepultar un regato afluente do Lengüelle.

A denuncia efectuada polos veciños da zona foi recollida polo BNG de Cerceda, quen constatou a agresión sobre esta canle, cuberta totamente por centos de toneladas de pedras e demais materiais procedentes do movemento de terras realizado para a construción do que será o cuarto depósito de lixo que acolle a Areosa. Como consecuencia, o BNG local decidiu presentar unha denuncia ante Augas de Galicia e o propio Concello de Cerceda ó entender que a empresa responsable, Recoge Galicia de Gestión S.L., carece de licenza para realizar esta vertedura. "A firma ten permiso para construír o vertedoiro e facer un movemento de terras de 194.000 m3 pero non para depositar os entullos nun predio situado a 700 metros das obras pola que atravesa o regato", apunta a voceira do BNG local, Rocío de la Iglesia. Segundo explica, a parcela -adquirida pola empresa para tal fin- está tipificada como terreo rústico de protección forestal, polo que non se pode efectuar a vertedura sobre ela. Ademais, De la Iglesia recorda que as canles fluviais son espazos de protección que deben ser preservados, polo que dita actuación sería "ilegal". A maiores, os veciños da zona denunciaron que o transporte en camión dos entullos abriron pistas sobre camiños de servidume tradicionais, ademais de destruír valados e marcos dos terreos lindantes, actuación que xa denunciaron nos xulgados.
Ante esta situación irregular, o BNG de Cerceda solicita que o Concello paralice as actuacións para as que carece de licenza, ó tempo que lle esixe á firma a "inmediata reposición dos danos producidos, tanto no regato que discorre pola Areosa como nos camiños destruídos e montes e predios aledaños". Finalmente, o BNG local reclama que Augas de Galicia admita a trámite a denuncia presentada contra a empresa por non seguir a normativa en canto a protección de canles fluviais.

Non poden tapar un regato só porque lles dea a gana.A denuncia ten razón,xa que están facendo obras sen licencia.Teñen que facer o que lles está permitido e nada máis.Se tapan ese regato,pode haber moitos problemas para os peixes e demáis animais e plantas que alí habitan.é un alivio que gañasen os cidadáns.

Quen? Os veciños

Que? Denunciaron que se taponara un regato con lixo.

Cando? .........

Por que? Porque lles parece moi mal que fagan iso.

1 comentario: