Fálase en...
NO. e S. de Italia, O. de Suíza, E. de FranciaNúmero de falantes (aprox.)
Total: 350.000NO. e S. de Italia (85.000); O. de Suíza (25.000)
O francoprovenzal non é outra cousa ca un conxunto de falas afíns que, a causa de circunstancias históricas diversas, nunca chegaron a ter unha lingua estándar de referencia que as vencellase, polo que hoxe están moi diversificadas. Xa na Idade Media e ao comezo da Moderna, o francés se converteu na lingua de cultura das terras onde se falan as variedades francoprovenzais, e desde aquela foi reducindo o territorio até que se chegou á situación actual, na que as utilizan sobre todo persoas maiores de bisbarras rurais e, xa que logo, se atopan en pleno proceso de substitución lingüística.
Os falantes do francoprovenzal non tiveron nunca conciencia de que formaran unha unidade, nin de que constituíran unha lingua diferenciada, e por iso soamente utilizan o nome da súa fala local ou designacións pexorativas como 'patois', e descoñecen o termo francoprovenzal. Esta denominación, coa idea de unidade que implica, úsana só os lingüistas, que a necesitan para indicaren que estas falas presentan unha serie de trazos comúns que as aglutinan e as distinguen claramente das linguas veciñas, o francés e o occitano.
Malia estes trazos, porén, non todos os autores consideran o francoprovenzal unha lingua separada. Con todo, cómpre dicir que a idea da existencia dun idioma francoprovenzal autónomo e, coa idea, o nome unitario, comezou a prender ultimamente máis aló dos medios científicos onde nacera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario