jueves, 24 de febrero de 2011

A miña aldea

A miña  aldea está en Pontevedra. Está na cima dun monte e moitas veces neva e vai frío.Ten 5 casas e moitos animais: vacas , galiñas , ovellas , cans e algúns gatos .A min gústame moito porque desde unha ventá da casa vese outro monte que está cheo de árbores moi bonitas e unha cascada enorme...aínda que no verán, se non chove, normalmente  quédase seca.
Ten prados moi grandes nos que xogo ao fútbol cos meus amigos que viven alá.Ten un pobo ao lado que é mais grande e hai unha igrexa enorme á que vou moitos domingos para acompañar a miña avoa.
Tamén hai un observatorio para ver as estrelas que creo que é o único de Galicia
David, 1ºA.

1 comentario: