jueves, 24 de febrero de 2011

A miña aldea

A miña aldea esta en Guitiriz (Lugo) . A  casa onde vivo non é unha casa, é un piso. Xa que a miña aldea aldea é na Reborica ( tamén en Lugo ).
Na Reborica teño uncha casa moi, pero que moi grande , duas hortas onde o meu avó traballa , e un caseto para a miña burra Roxa . O recinto é case de 9 ferrados , para o meu pensar é bastante grande.  Dende pequena vou pasar alí as vacacións; é moi divertido.
Por outro lado Guitiriz que é onde vivimos é un pobo precioso e sen perigos. Ali vive case máis da metade da miña familia . Encántame ir coas miñas primas pasear soas polos campos que rodean as miñas dúas aldeas. Todas as tardes acostumamos ir pasear cerquiña das vias do tren .
Na Reborica , na casa grande  viven os meus tios é a miña prima Jasmina.
En resumo, a miña aldea é a mellor : é grande, acolledora, con moitas actividades coas que entreterte.
Baixo a miña casa hai outra que era do irmán do meu avó pero agora é da miña tia e nosa. Esa casa si que é bonitiña. Ten un campo precioso cunha fonte de pedra cunha pequena cascada, o que mais me gusta desa casa é o paseo como lle chamo. O paseo é un lugar fermoso , pasando por unhas portas hai un regato e por ali hai un camiñiño polo que  iamos pasear cando eramos pequenas as miñas curmás e eu.
Tamen teño outra aldea pero.. esa xa a describirei...




Helena, 1ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario