jueves, 24 de febrero de 2011

A miña aldea

Na miña aldea viven os meus avós case todo o ano. É unha casa moi grande, de dous
pisos. No piso de abaixo ten a cociña, os dous salóns e o baño; no piso de arriba
están as 4 habitacións, e outro salón. Logo, fóra, temos un campo de fútbol duns 30 metros, as porterías están feitas por min e meu pai,cuns longos paus de madeira. Un pouco máis atrás, temos un garaxe onde se gardan os coches e temos a mesa de ping-pong. Máis atrás do garaxe meu avó ten uns campos onde cultiva o millo, as patacas,etc. Para atrás dos 100m cadrados de campo, hai un immenso monte, que se non coñeces,seguramente te perdas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario