viernes, 11 de febrero de 2011

Que se fala en Europa?

ALEMAN:

Falase en: Alemaña, Austria, Suíza, NE. de Francia, Luxemburgo, E. de Bélxica, Liechtenstein, S. de Dinamarca, Polonia, Hungría, República Checa, Romanía, Ucraína, Eslovaquia, N. de Serbia e Montenegro, N. de Italia

Falantes: Total: 93.000.000
Alemaña (78.000.000); Austria (7.500.000); Suíza (4.250.000); NE. de Francia (de 1.200.000 a 1.500.000); Luxemburgo (300.000); E. de Bélxica (de 65.000 a 150.000); Liechtenstein (30.000); S. de Dinamarca (7.500); Polonia (de 20.000 a 500.000); Hungría (de 30.000 a 250.000); República Checa (de 50.000 a 200.000); Romanía (de 120.000 a 150.000); Ucraína (38.000); Eslovaquia (6.000); N. de Serbia e Montenegro (3.500); N. de Italia (285.000)

Informacion: O alemán divídese en dous grandes bloques dialectais: o baixo alemán, ao norte moi diferenciado, e o alto alemán, no centro e no sur. Hoxe continúan utilizándose moito na comunicación oral cotiá, pero a lingua estándar vai substituíndoos cada vez máis.

Os primeiros textos escritos en alemán datan do século VIII, cando a lingua escrita non era unitaria e cada rexión servíase do propio dialecto. Esta situación, común a moitos países de Europa, delongouse máis no caso alemán a causa da falla de unidade política do país. Había, porén, unha estrutura aglutinadora, o Sacro Imperio Romanoxermánico, que reforzaba a idea da existencia dunha comunidade cultural, cunhas necesidades que fixeron emerxer paseniño, a partir do Renacemento, a lingua estándar actual, baseada nas falas alto-alemás orientais e, concretamente, na tradución da Biblia que realizou Lutero no século XVI.
 

Mayih :D

No hay comentarios:

Publicar un comentario