viernes, 18 de febrero de 2011

forte temporal en galicia

Galicia vai recuperando a normalidade tras o temporal de vento e neve que deixou máis de 257 incidencias en dous días atendidas polo 112 en Galicia, que entre as 20.00 horas do mércores e as 8.00 horas de onte xoves recibiu 1.700 chamadas e xestionou durante a noite 81 polo fenómeno meteorolóxico adverso.
Das 81 incidencias da última noite, a maior parte (53) estiveron relacionadas coa neve; outras doce provocadas por caídas de árbores e pólas e produciuse un caso puntual de inundacións, bolsas de auga, placas de xeo e desprendementos de terra.
O momento de maior actividade no 112-Galicia, segundo precisou o servizo de urxencias, foi entre as 20.00 e as 22.00 horas do mércores. Con todo, o 112 puntualizou que "non se rexistraron incidencias de consideración" e as máis destacadas tiveron que ver con vehículos parados por mor da neve e do xeo en localidades do interior da comunidade, como Lugo, Friol, Melide, Boimorto, A Gudiña, Verín, Piñor e Santiago, entre outras.
Ademais, concretou que no Grove (Pontevedra) se desprenderon unhas madeiras, probablemente dunha batea, e Salvamento Marítimo traballou na súa retirada.
Tamén onte os ventos sopraron con menos intensidade e, se o mércores o refacho de vento de intensidade máxima chegou ós 158 quilómetros por hora en Oia (Pontevedra) e ós 113 km/h en Lira (A Coruña), este xoves non superaron os 100 km/h no litoral, sendo o rexistro máximo de 96,3 na localidade coruñesa de Malpica.
Segundo os datos de Meteogalicia, os maiores rexistros onte corresponderon, ademais, a Sálvora (Pontevedra), con ventos de 91 quilómetros por hora, mentres que o mércores chegou ós 110,4; seguido dos 86,7 en Cedeira (A Coruña), fronte ós 114,9 da xornada pasada; e os 81,1 na localidade coruñesa de Lira, que o día pasado alcanzou os 133,9 km/h.
Así mesmo, un total de 4.661 alumnos de centros educativos das provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra quedaron sen clase onte debido ó estado das estradas polo temporal de neve.

Onte e antonte,hoxe e probablemente mañá hai un ciclón en Galicia que azota con fortes chuvias e fortes ventos ademais de forte oleaxe.

2 comentarios: