viernes, 18 de febrero de 2011

ROBIN DOS POBRES, EN GALICIA.

Performance realizada onte na Coruña por Intermón Oxfan en Galiza co seu director, J. Luis Quintela, segundo pola dereita FOTO: i.o.

Robin Hood entregou onte unha das súas frechas na "embaixada" de Francia na Coruña invitando a Sarkozy, que preside hoxe a reunión do G20, para apoiar unha taxa contra a pobreza. Esta acción, que se levou a cabo en 17 cidades españolas e 20 países, quere ser unha medida de presión para que os "xefazos" do G20 apoien dito gravame. Robin Hood percorreu onte ese longo camiño que o levou ó longo e ancho do planeta, para concienciar na necesidade de incrementar o 0,05% as transaccións financeiras internacionais. Un xesto, que segundo explica o delegado para Galiza de Intermón Oxfan, José Luis Quintela, serviría para recaudar, en oito días, os fondos que garantizarían a educación primaria de 72 millóns de nenos. De aplicarse durante tres meses e medio, apunta, obteríase o suficiente para cubrir o custo para a adaptación ó cambio climático dos países en desenvolvemento. E vai máis alá: "En só 17,5 horas de aplicación cubriríase o fondo trianual para a erradicación da polio".

No hay comentarios:

Publicar un comentario